ALCALDÍA

O alcalde recibiu as asociacións de veciños dos barrios de San Pedro e Fecha

03/02/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi cos representantes de dúas das asociacións veciñais da cidade. Primeiro tivo un encontro coa AA VV Amigos de San Pedro e, a continuación, cos integrantes coa AA VV Santa Cristina de Fecha.

Nas reunións, ás que tamén asistiu a concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, os representantes veciñais plantexaron diversas reivindicacións relacionadas cos seus respectivos barrios.

Compartir: