ALCALDÍA

A Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España debateu sobre o Plan Estratéxico 2010-2015

03/02/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou en Madrid na Comisión Executiva do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

Na reunión falouse de temas de diversa índole e prioritario interese para o Grupo, entre os que se atopan o Plan Estratéxico 2010-2015, o orzamento do presente ano ou a análise dunha proposta da Comisión de Urbanismo relativa ás Estratexias para a Integración da Arquitectura Contemporánea nas Cidades Patrimonio da Humanidade.

Á xuntanza da Comisión Executiva, que tivo lugar no Salón Velázquez do Hotel Villa de la Reina, asistiron, ademais do alcalde compostelán, Julián Lanzarote, presidente do Grupo e alcalde de Salamanca; Pedro Arahuetes, alcalde de Segovia; e Lurdes Costa Torres, alcaldesa de Ibiza. Non puido asistir Fernando Clavijo, alcalde de San Cristóbal de La Laguna, quen tivo que quedar na súa cidade polo estado de emerxencia declarado polo temporal que azotou as Ilas Canarias.

Compartir: