ALCALDÍA

Visita do embaixador de Perú en España

29/01/2010 O embaixador de Perú en España, Jaime Cáceres Sayán, foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

A reunión foi a primeira toma de contacto co alcalde do novo embaixador peruano, que está de visita na Comunidade Autónoma e vén de inaugurar a nova oficina consular do país andino. Dende o seu recentemente estreado cargo ten como un dos seus obxectivos trazar pontes de colaboración económica e cultural entre Perú e Galicia, comunidade onde residen uns 3.000 peruanos.

Compartir: