TURISMO

Os Diálogos serán o lugar para la reflexión dentro do Fórum Gastronómico 2010

25/01/2010 Ferran Adrià, Jacques Maximin, Marcelo Tejedor, Pierre Gagnaire, Gabino Sotelino ou Alice Feiring compartirán as súas impresións sobre o presente e o futuro do sector enogastronómico con profesionais da cociña e o viño. Será grazas aos Diálogos do Fórum Gastronómico Santiago 2010.

O debate e a reflexión sobre a enogastronomía estará presente de novo no Fórum Gastronómico Santiago 2010 a través dos Diálogos, nos que xornalistas e prescritores do mundo da gastronomía reflexionarán, xunto a profesionais da cociña e o viño, sobre temas de candente actualidade e interese para o sector. O Auditorio Compostela, con capacidade para 400 persoas, acollerá estas sesións, que se desenvolverán diariamente dentro do programa profesional, de luns a mércores, ás 17:45 horas.

Os diálogos comezan o luns 22 con "Mitos, xenios e cociñeiros: 25 anos de cociña creativa", centrado na creación culinaria e a súa evolución. O xornalista Eric Roux é o encargado de exercer como moderador nun debate no que participa Ferran Adrià xunto a Jacques Maximin, modelo e referente de cociña creativa, e Marcelo Tejedor.

O martes 23 o viño é o protagonista. A xornalista Alice Feiring conduce a sesión "Viños con identidade versus pensamento único nun mundo global". Feiring é coñecida pola súa defensa da diversidade.

Os diálogos rematan o mércores coa sesión, "Cociñeiros e empresarios de éxito. Modelos de empresa que fixeron fortuna". Participan neste último debate dous destacados cociñeiros e empresarios, o francés Pierre Gagnaire, que conta con restaurantes en París, Londres ou Tokio, e o galego Gabino Sotelino, un dos máis relevantes restauradores nos Estados Unidos.

Compartir: