ALCALDÍA

O conselleiro de Cultura comprométese a reaxustar a promoción do Xacobeo 2010 e a reunirse coas entidades cidadás

22/01/2010 Na súa visita a FITUR, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á presentación do Xacobeo 2010 no pavillón de Galicia, tras a cal mantivo unha reunión co conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Este ratificou a súa vontade e o seu compromiso de reaxustar a promoción do Xacobeo, dándolle ao Camiño de Santiago, á capital galega e ao Ano Santo o protagonismo que lles corresponde. Este axuste xa está en curso, segundo Varela explicou a Bugallo.

En relación á programación e actividades a desenvolver en Santiago, o conselleiro ratificou os datos xa coñecidos e comprometeuse a manter unha reunión cos responsables políticos municipais e con diversas entidades compostelás para concretalos. Así mesmo, conselleiro e alcalde concordaron na vontade de traballar conxuntamente polo éxito do Ano Santo 2010, que en palabras de Bugallo será "fundamental para toda a cidade e para Galicia, e supón unha oportunidade que non podemos desaproveitar".

Compartir: