CULTURA

El Concierto Español traerá a súa música barroca ao Auditorio

16/11/2005 O xoves 15 de novembro no Auditorio de Galicia, El Concierto Español, baixo a dirección de Emilio Moreno, interpretará música barroca no Auditorio de Galicia. As entradas xa están á venda, e o mesmo día do concerto no despacho de billetes do Auditorio de Galicia poderanse mercar en horario de 12 a 14 e de 17 a 20 horas, ou ben nos teléfonos 981 571 026 e 981 573 979. O prezo é de 12 euros e de 6 para estudantes e xubilados.

El concierto español presentouse ao público no Festival de Música Antigua de Aranjuez en outono de 2000. Un grupo de músicos españois cos violinistas Isabel Serrano e Emilio Moreno e o trompa Javier Bonet, decidiron, a principios de 2000, aunar o seu entusiasmo e os seus coñecementos para crear unha orquestra de cámara capaz de abordar co máximo rigor musicolóxico o repertorio "barroco" e "preclásico" hispánico, e contando para iso cos mellores especialistas nacionais na interpretación con criterios históricos, de probada experiencia dentro e fóra de España todos e cada un deles.

Nos seus cinco anos de andaina, El concierto español interpretou máis dunha cincuentena de obras, a mayoría estreas absolutas, de 28 autores barrocos españois ou directamente relacionados con España.

Emilio Moreno (director), violinista e violista madrileño reside entre Barcelona e Ámsterdam. Actúa regularmente como solista en recitais e concertos de música de cámara por practicamente todo o mundo, foi concertino de numerosas orquestras barrocas internacionais, membro e colaborador de prestixiosos grupos e solistas (La Petite Bande, Leonhardt Consort, Brüggen, Kuijken...).

Raquel Andueza (soprano), colabora asiduamente con formacións como El concierto español, a Orquesta Barroca de Salamanca, Al Ayre Español, La Real Camara, More Hispano, Capella de Ministrers, Gabinete Armónico, Lyra Baroque Orchestra of Minneapolis, etc.

O programa inclúe obras de Farinelli, Corselli, Caldara, Nebra e Chiodi. Antonio Caldara, Francisco Corcelli ou Buono Chiodi son alguns dos compositores que viaxaron a España en sucesivas oleadas ao longo do século XVIII durante a que poderíamos denominar "segunda invasión musical italiana.". A partir de 1705, faranno masivamente tras a entronización do primeiro Borbón, Felipe V, e a súa muller Isabel de Farnesio, que se fan acompañar por unha nutrida capela italiana e francesa.

Compartir: