ALCALDÍA

O alcalde comprométese con CERMI a mediar para que o Hostal solucione os seus problemas de accesibilidade

18/01/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o presidente do Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI), Anxo Queiruga. Na reunión falaron dos problemas de accesibilidade detectados no Hostal dos Reis Católicos.

Sánchez Bugallo comprometeuse a pescudar en qué estado se atopa o proxecto do Hostal no que se inclúe a mellora da accesibilidade. En calquera caso, e malia recoñecer as dificultades que este tipo de obras teñen en edificios catalogados, autorización de Patrimonio incluída, afirmou que "non hai escusa" para que non se solucione este problema de accesibilidade. Por iso, falará cos responsables do Hostal e coa concelleira de Cidade Histórica para articular unha solución.

A preguntas dos medios de comunicación, Anxo Queiruga expresou o "cambio total" que se produciu en Santiago nos últimos anos en materia de mobilidade. Neste sentido destacou que as zonas novas están todas adaptadas. Unicamente lamentou que se siga sen respectar as prazas de aparcamento reservadas, ben por usuarios comúns como por persoas que fan un uso fraudulento das tarxetas..

Compartir: