ALCALDÍA

O ministro de Xustiza únese á reivindicación do papel de Santiago de Compostela como "estrela do Camiño"

18/01/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, quen asinou no Libro de Honra do Ano Santo. Un dos temas dos que falaron foi o Xacobeo 2010. O ministro amosou a súa disposición a "facer o posible" polo recoñecemento de Compostela e reivindicou o seu papel como "estrela do Camiño".

Outra das cuestións sobre as que falaron Sánchez Bugallo e Caamaño foron as necesidades xudiciais de Compostela. O ministro dixo estar disposto a atender esas necesidades, pero recordou que o Ministerio, a través da respectiva conferencia sectorial, unicamente decide o número de cidades xudiciais. Polo tanto, aclarou, corresponde á Xunta de Galicia a proposta de prazas. Neste sentido, amosou a súa confianza en que esta proposición inclúa as reivindicacións de Santiago.

Tras visitar o Concello, o alcalde acompañou ao ministro ata o Hostal dos Reis Católicos, onde este pronunciou unha conferencia.

Compartir: