XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica a redacción de tres proxectos financiados polo FEIL

15/01/2010 Unha Xunta de Goberno extraordinaria e urxente serviu para tramitar a redacción de tres proxectos dos Fondos Estatais de Inversión Local (FEIL). As obras afectadas son as do complexo polideportivo de Villestro, a recuperación da zona verde no contorno do río Corvo (Salgueiriños) e o centro sociocultural de Santa Marta.

A redacción das obras do complexo polideportivo de Villestro foi adxudicadas por 28.705 euros máis IVE, mentres que o contrato relativo á recuperación da zona verde do contorno do río Corvo adxudicouse por 18.496 euros máis IVE. Finalmente, o proxecto do centros sociocultural de Santa Marta redactarase por 44.100 euros máis IVE.

Tal como anunciara previamente o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, a intención do Goberno municipal é ir sacando todos os proxectos do FEIL nas Xuntas de Goberno do 19 e do 26 de xaneiro. "Non queremos esgotar o prazo", dixo, recordando que a data límite para presentados ao Ministerio de Política Territorial é o 4 de febreiro.

Prórroga do contrato do Servizo de Axuda no Fogar
Por outra parte, a Xunta de Goberno aprobou a prórroga do contrato de explotación do Servizo de Axuda no Fogar por un período dun mes, a contar dende o 17 de xaneiro ata o 16 de febreiro de 2010. O obxectivo desta prórroga é atender o servizo mentres a nova empresa á que se lle adxudicou provisionalmente non se fai cargo do mesmo.

Servizo de lacería
Outro dos acordos do Goberno local foi a adxudicación provisional do servizo de lacería de recollida de animais abandonados no termo municipal de Santiago de Compostela. A empresa adxudicataria farase cargo deste servizo por un importe de 36.637,93 euros máis IVE.

Prórroga do servizo de bar na dársena de Xoán XXIII
Finalmente, aprobouse a prórroga do contrato de servizo de bar-cafetería na dársena de autobuses de Xoán XXIII dende o 17 de xaneiro de 2010 ata o 21 de marzo de 2010, así como a revisión do prezo de adxudicación de acordo á variación do IPC.

Documentos relacionados



Compartir: