SEGURIDADE

O temporal de neve obrigou a esparexer 62 toneladas de sal

11/01/2010 A concelleira de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez Santullano, indicou que dende que empezou o temporal de neve, foi necesario esparexer por rúas e beirarrúas da cidade 62 toneladas de sal. Ademais, explicou o funcionamento do dispositivo contra a neve e o xeo durante a fin de semana.

Álvarez-Santullano explicou que durante os dous últimos días estiveron en funcionamento dúas máquinas quitaneves, unha da Xunta e outra do Ministerio de Fomento. En Santiago, mantívose o dispositivo de emerxencia, malia que dende Meteogalicia se advertira que xa non era necesario, indicou.

Recordou que sobre as seis da mañá do sábado comezara a nevar de novo, pero a pesar de que a neve callou, puidéronse despexar as rúas para o normal funcionamento do tráfico. Segundo dixo, unicamente o transporte urbano se retrasou. Así, ás 11:00 horas, o 80% das liñas xa estaban funcionando. Neste sentido, tamén destacou que se producira algún problema no rural.

Compartir: