SEGURIDADE E FACENDA

As concelleiras de Seguridade e de Facenda solicitan comparecer no Pleno municipal

09/01/2010 A concelleira de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, e a concelleira de Facenda, Persoal e Réxime Interior, Rosa Fernández Somoza, solicitaron a petición propia comparecer na próxima sesión ordinaria do Pleno.

Co obxecto de explicar cal foi a xestión do Concello durante as nevadas, en función dos avisos efectuados pola administración competente, a concelleira de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, comparecerá no vindeiro Pleno municipal a petición propia.

Do mesmo xeito, a concelleira de Facenda, Persoal e Réxime Interior comparecerá no Pleno por mor da sinatura, o 31 de decembro, do decreto de prórroga orzamentaria, no que con carácter cautelar se procede a unha retención de gasto por importe aproximado de 3.500.000 de euros. Rosa Fernández informará do contido, alcance e motivacións deste decreto.

Compartir: