ALCALDÍA

A conselleira de Educación comprométese a modernizar os centros escolares composteláns

15/11/2005 Bugallo mantivo na mañá do martes 15 unha reunión institucional coa conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón na consellería de Educación.

O alcalde compostelán e a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria acordaron crear un convenio de tres anos para a mellora e a modernización dos centros escolares de Santiago, e para a autorización do uso deportivo dos mesmos.

Así mesmo, o Concello de Santiago e a Consellería realizarán un proxecto para achegar o centro escolar de Ramón Cabanillas ás novas urbanizacións do Castiñeiriño. O Concello porá a disposición os terreos necesarios para a realización deste proxecto, que podería estar rematado en dous ou tres anos.

Sánchez Piñón comprometeuse a impulsar o Parque Tecnolóxico da USC coa instalación dun Centro de Excelencia da Tecnoloxía da Vida no campus compostelán que, segundo a conselleira, estará listo "a curto prazo". Sánchez Piñón cre que entre o 2007 e o 2008 este centro estará operativo e nel trabalarán 100 investigadores dedicados a estudar, en principio, no eido da biomedicina.

Compartir: