ALCALDÍA

Xoán Paulo II conta xa cunha avenida en Santiago de Compostela

02/01/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a nova avenida de Xoán Paulo II, nun acto no que tamén participaron o nuncio apostólico da Súa Santidade o Papa en España, Renzo Fratini, e o arcebispo compostelán, Julián Barrio.

A avenida de Xoán Paulo II está situada entre o Camiño Francés e a avenida de Asturias. Recoñécese así a traxectoria e a importancia para Santiago, grazas ás súas dúas visitas, de Karol Wojtila. Este estivo na cidade en dúas ocasións, en novembro de 1982 e en agosto de 1989.

Xoán Paulo II nace en Polonia no ano 1920. Cando tiña 9 anos recibe o duro golpe da morte da súa nai, anos máis tarde morrerían tamén o seu irmán e o seu pai. Cursou estudios de filoloxía e lingüística e o seu encontro co Cardeal Sapieha durante unha visita pastoral faille considerar seriamente a posibilidade de seguir a súa vocación relixiosa. Foi ordenado sacerdote o 1 de novembro de 1946 cando tiña 26 anos. En 1958 é designado obispo auxiliar de Cracovia, cardeal en 1967 e en 1978 á morte do cardeal Albino Luciani é elixido Papa co nome de Juan Pablo II. Faleceu o 2 de abril de 2005.

Compartir: