ALCALDÍA

O Concello reparte 37.000 calendarios nos fogares composteláns

23/12/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, aproveitou a súa rolda de prensa semanal para presentar o calendario de 2010 que en breve chegará aos fogares composteláns. Editouse unha tirada de 37.000 calendarios.

Sánchez Bugallo recordou o difícil que, co paso dos anos, se vai facendo a elección das fotografías que configuran este calendario municipal. Destacou a calidade das instantáneas que ilustran o almanaque, que este ano combina imaxes de lugares emblemáticos coma o parque de Bonaval, a praza da Quintana, a Granxa do Xesto ou a travesa das Dúas Portas, con tradicionais acontecementos como Cineuropa, o Festival dos Abrazos, as festas do Apóstolo ou da Ascensión, as cacharelas ou o Entroido, nos seus respectivos meses.

Compartir: