EDUCACIÓN

Éxito dunha nova edición de Nadal de Danza

20/12/2009 Numeroso público achegouse ao Teatro Principal para asistir a Nadal de Danza’09, organizado pola Concellería de Educación en colaboración coa Asociación Cultural Danza Stellae. 116 alumnas e 1 alumno de diferentes idades de catro centros escolares composteláns amosaron no escenario as súas habilidades a través de variadas coreografías.

Os que asistiron a esta gala de Nadal de Danza puideron contemplar coreografías como A Bela e a Besta, Tango: No me cuentes milongas, Pizzicato Polka de Silvia, La Bayadere, ¡Esto é maxia!, Esmeralda, Ícaro, A&O, O vals das máscaras ou Dreams. Foi unha tarde chea danza, ilusión e moitos aplausos.

Compartir: