CULTURA

Luís Tosar recolle o Premio Cineuropa 2005

15/11/2005 Tosar convertiuse na noite do martes 15 de novembro no primeiro actor galego ao que se lle concede o Premio Cineuropa.

O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, fixo entrega do Premio Cineuropa 2005 ao actor galego Luis Tosar, que foi recibido cunha gran ovación por parte dos asistentes. Tras a entrega del galardón, os asistentes disfrutaron con la proyección de la película Galatasary-Dépor, una comedia de Hannes Stöhr rodada este año.

miércoles, 16 de

De seguido, proxectouse o filme "Un día en Europa: Galatasarai-Dépor", que será presentado polo seu director, Hannes Stöhr.

A Concellaría de Cultura quere con este premio recoñecer o traballo de Luís Tosar e facelo extensivo a toda unha xeración de actores e actrices galegos e galegas que, grazas ao seu traballo, gozan dun merecido recoñecemento. Segundo manifestou o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, este grupo de profesionais constitúen un dos piares nos que debemos sustentar a creación dun cine galego centrado no país.

Luís Tosar (Lugo 1971) participou en vinteunha películas despois de terse iniciado no teatro. Ademais protagonizou Mareas Vivas para a TVG, serie coa que se iniciou un novo tempo na produción de ficción na canle galega.

En 2003 recibe o Premio Goya ao Mellor Actor Protagonista e a Concha de Plata Mejor Actor Festival Internacional de Cine de San Sebastián polo seu papel en "Te doy Mis Ojos", de Iciar Bollaín. Precisamente Tosar comezou no cine da man de Bollaín en 1998 na película "Flores de otro mundo", e pola que foi nominado ao premio Goya ao actor revelación. O primeiro Goya, como mellor actor secundario, conseguiuno pola súa participación en 2001 en "Los Lunes al Sol" de Fernando León.

Os últimos catro anos para Luís Tosar foron de vertixe. Entre 2001 e 2005 rodou 13 películas, seis no presente ano. Pendente de estrea están "Miami Vice" dirixida por Michel Man; "Las vidas de Celia", de Antonio Chavarrías; "Hotel Tívoli" de Antón Reixa e "Cargo" de Clive Gordon. A súa produción en 2005 complétase con "Galatasary-Depor" de Hannes Storn, película que se proxectará o día 15 durante a gala, e "La noche del hermano" de Santiago García de Leániz.

Tosar traballou tamén con directores da talla de Manuel Gutiérrez Aragón en "A vida que che espera" e polo que foi nominado ao Mellor actor europeo de 2004; Xabier Villaverde en "Trece badaladas" (2003); Manuel Gutiérrez Aragón en "Visionarios" (2000); José Luís Borau en "Leo" (1999); Patricia Ferreira en "Sei quen es" (1999); Daniel Monzón en "El corazón del guerrero" (1999) ou Vicente Aranda en "Celos" (1998). Outras películas de Tosar son "O lapis do carpinteiro" dirixida por Antón Reixa en 2001; "Besos para todos" (1999) de Jaime Chábarri; "La Flaqueza del bolchevique" (2002) de Manuel Martín Cuenca e "Besos para todos" (1999) de Jaime Chábarri.

No teatro Tosar participou en "El Zoo de Cristal" (2005) dirixida por Agustín Alezzo; "La Cena de los Idiotas" (2001) dirixida por Paco Mir; "Escola de Bufóns" (1996) dirixida por Quico Cadaval, Cándido Pazó e Fabio Mangolin; e formou parte das compañías Magical Brothers e a Compañía das Marías.

Compartir: