ALCALDÍA

O Centro Cultural-Social Xoán XXIII convértese tamén nun centro de día

17/12/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo inaugurou a remodelación do albergue do Centro Cultural-Social Xoán XXIII. A instalación amplía así o seu servizo de acollida nocturna de transeúntes para converterse nun centro de día.

Despois dunha espera de varios meses para completar a documentación e os permisos, entra en funcionamento un centro de día que permitirá ampliar o horario e a atención ofrecida. Así, a instalación conta con estanzas máis amplas e todos os servizos para os 25 usuarios que pode albergar cada día. Por este albergue pasan cada ano unhas 3.000 persoas

O servizo prestado polo Centro Cultural-Social Xoán XXIII proporciona aos transeúntes e ás persoas que o precisen, por estar en situación de emerxencia social e/ou sen fogar, durante todo o ano, camas e unha sala con aseos incorporados, onde os chamados "sen teito" poden pernoctar. Ofréceselles un aloxamento temporal durante sete noites, onde ademais poden dispor de medios para ter aseo persoal, lavado e pranchado de roupa, así como tamén contar con axuda-orientación.

Este servizo complétase cuns servizos complementarios que ofrece o albergue, como servizo de duchas, de lavandería e de roupeiro, complemento alimentario (leite e doces antes de durmir e despois de levantarse) e servizo de consigna para gardar equipaxes.

Compartir: