ALCALDÍA

O alcalde reúnese cos veciños para explicarlles o proxecto de reurbanización da avenida de Castelao

15/12/2009 O mércores 16 de decembro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, manterá ás 20.30 horas un encontro con veciños no Centro Sociocultural de Vite para explicarlles de forma directa o proxecto de reurbanización da avenida de Castelao.

Trátase dunha reunión aberta a todos os veciños que queiran coñecer o proxecto e os datos desta actuación, incluída no chamado convenio de travesías.

Esta obra conta cun orzamento de 2.682.000 euros (máis IVE); a súa adxudicación recaeu na empresa Jesús Martínez Álvarez, S.A. e ten un prazo de execución de oito meses.

Compartir: