REHABILITACIÓN E CASCO HISTÓRICO

Apróbase o proxecto da ordeanza que regulará o rexistro de solares e edificios a rehabilitar

14/11/2005 A Xunta de Goberno Local aprobou o luns 14 de novembro o proxecto da Ordeanza reguladora do Rexistro municipal de solares e edificacións que cómpre rehabilitar.

O artigo 47 da Constitución ordena aos poderes públicos promover as condicións e estabelecer as normas para facer efectivo o dereito a unha vivenda digna, regulando a utilización do solo de acordo co interese xeral para impedir a especulación.

O obxectivo desta ordenanza é a creación dun libro rexistro municipal de solares e edificacións que cómpre rehabilitar, regulando o obxecto, os prazos, o ámbito de aplicación e o estabelecemento das condicións e prazos da edificación forzosa, tratando de definir as obrigas dos propietarios de soares e inmóbeis en orde á súa edificación nos prazos que correspondan.

O ámbito de aplicación abrangue todo o termo municipal posto que, aínda que a situación de abandono de solares e edificacións en ruína está principalmente no ámbito do Plan especial 1 da Cidade Histórica, tamén se dá noutros ámbitos da nosa cidade.

Documentos relacionados



Compartir: