ALCALDÍA

O alcalde preséntalles o Urbana Santiago Norte ás asociacións e entidades da zona

02/12/2009 O Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite acollerá maña xoves, ás 20:00 horas, unha xornada de presentación do Proxecto Urbana Santiago Norte ás asociacións e entidades da zona norte de Santiago de Compostela.

Están convocadas a esta xornada as entidades veciñais, culturais-ambientais, deportivas, asistenciais-sociais, profesionais-empresariais e sindicais, cuxa sede ou ámbito de actuación estan dentro da zona norte de Santiago: Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espírito Santo, A Estila, A Almáciga, San Pedro, Concheiros, Belvís e Quiroga Palacios. Os asistentes, ademais do propio proxecto, poderán coñecer de primeira man os procesos de participación cidadá no mesmo.

O Proxecto Urbana Santiago Norte é un proxecto cofinanciado pola Unión Europea con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do eixo nº5 (Desenvolvemento sostible local e urbano) do Programa Operativo de FEDER en Galicia para o período 2007-2013.

Compartir: