ALCALDÍA

Alvarellos Editora estrea sede na cidade

27/11/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración da nova sede de Alvarellos Editora, radicada na rúa praza interior da rúa Sempre en Galiza, 4.

Aínda que naceu en Lugo alá por 1977, esta editorial familiar -unha das tres máis veteranas de Galicia- ten dende 2005 sede en Santiago de Compostela. A súa vinculación coa cidade tradúcese tamén na edición de diferentes publicacións en colaboración co Consorcio de Santiago e co Concello.

Compartir: