ALCALDÍA

O alcalde expresa o seu orgullo pola selección do proxecto "Campus Vida" da USC como Campus de Excelencia Internacional

26/11/2009 A elección do proxecto Campus Vida como Campus de Excelencia Internacional, foi cualificada como "motivo de orgullo" polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. O proxecto da Universidade de Santiago foi elixido en sexto lugar de entre os nove finalmente seleccionados. É o único de Galicia e tamén o primeiro de universidades que non pertenzan a Madrid ou Barcelona.

Unha vez obtido este recoñecemento español e internacional, Sánchez Bugallo indicou que "non estaría mal que Galicia pensara o mesmo". Salientou as posibilidades que ofrecerá esta elección e que o Campus Vida terá todo o apoio municipal.

Anunciou o alcalde que xa está listo o borrador de convenio coa USC para modificar o Plan Especial do Campus da Saúde e que podería estar aprobado a principios de 2010. Ademais, tamén está perfilado o convenio que permitirá dispor dos terreos de San Ignacio de Loyola para polos así a disposición da Universidade compostelán para que constrúa o devandito Campus.

Compartir: