CULTURA

A Banda Municipal ofrece un concerto especial na residencia de Volta do Castro

25/11/2009 O xoves 26 de novembro, ás 17.00 horas, a Banda Municipal dará un concerto especial. Nesta ocasión achegarase á Residencia da Terceira Idade Volta do Castro. Faino dentro da nova programación da Banda, que busca achegar a agrupación á xente e a todos eses composteláns e compostelás que teñen dificultades para poder asistir aos concertos ordinarios, como é o caso dos maiores que están nesta residencia.

Dende a Concellaría de Cultura considérase que os maiores de Volta do Castro pasarán un rato moi agradable e agradecerán que a Banda Municipal, que é de todos os composteláns, polo tanto tamén deles, lles faga esta visita.

O programa para este concerto da Banda, dirixida por X. Carlos Seráns componse de pezas de Soutullo, Veiga, Freire, Giménez, Löffler e Anderson.

Documentos relacionados



Compartir: