SANIDADE

O Padroado da Fundación do Refuxio de Animais aproba un orzamento de 315.000 euros para 2009

23/11/2009 O Padroado da Fundación do Refuxio de Animais aprobou o seu orzamento para o 2010, que ascende a 315.000 euros. Na sesión, presidida polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, tamén se aprobou, entro outros asuntos, a realización dunha campaña de adopción e a sinatura dun convenio co Colexio de Veterinarios para o control dos microchips.

O Padroado ratificou un orzamento de 315.000 euros, lixeiramente superior ao de 2009, que fora de 312.000 euros. Esta suba vén derivada do incremento do 0,3% no gasto de persoal e do 1% noutras partidas.

Os membros do Padroado tamén acordaron a realización dunha campaña de adopción de animais conxunta entre os concellos que forman parte da entidade: Santiago, Teo, Ames, Vedra, Brión e Boqueixón.

A propósito do control dos microchips nos animais, adoptáronse dous acordos. Por un lado, asinarase un convenio co Colexio de Veterinarios co fin de mellorar o control destes mecanismos. Por lo outro, manteranse contactos coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta para solicitar que se extreme o seguimento dos microchips e que se inste aos propietarios de cans a cumprir con esta obriga legal de identificación.

Finalmente, aprobouse a contratación dun veterinario a tempo parcial, que realizará as substitucións dos veterinarios que xa traballan no Refuxio de Animais.

Compartir: