ALCALDÍA

Xuíces e xornalistas debaten en Santiago sobre as relacións entre a Xustiza e os medios de comunicación

23/11/2009 Preto de 100 xuíces e xornalistas participan no Hotel Monumento San Francisco, do 23 ao 25 de novembro, nas VI Xornadas Nacionais de Comunicación e Xustiza, organizadas polo Consello Xeral do Poder Xudicial e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou estas Xornadas, nun acto no que tamén participou o presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo, Carlos Dívar, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas. A continuación, abriu o ciclo de conferencias o catedrático de Socioloxía da Universidade Autónoma de Madrid José Juan Toharia Cortés coa titulada de "A Xustiza na opinión pública".

Para a sesión do martes 24 están previstos diversos talleres de traballo, nos que se abordará cuestións como a información no proceso penal ou o tratamento informativo nos tribunais de Xustiza, entre outros, coa presenza de xornalistas e xuíces. Xa o mércores 25, extraeranse as conclusións destes talleres. O evento pecharao con outra conferencia a voceira do Consello Xeral do Poder Xudicial, Gabriela Bravo Sanestanislao.

Compartir: