ALCALDÍA

Concello e empresarios do Tambre fixan un plan de etapas para a adaptación das empresas á normativa

23/11/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse esta mañá co presidente da Asociación da Área Empresarial do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, e coa súa directiva, que estivo acompañada no encontro polo arquitecto Pablo Costa e o seu equipo.

O obxecto do encontro que se celebrou no Pazo de Raxoi foi darlle continuidade aos traballos iniciados para facer un diagnóstico da situación do Polígono en relación co cumprimento da normativa actual en materia urbanística.

Nesta reunión fixouse un plan de etapas para proceder á adaptación tanto do Plan Parcial e Ordenanzas de aplicación como das propias empresas. Cómpre lembrar que o Plan parcial data dos anos 70, aínda que foi actualizado nos 90.

Deste xeito, o plan acordado prevé que en xullo de 2010 a Asociación presente a proposta de modificación do Plan Parcial e das Ordenanzas de aplicación no Polígono, co obxecto de que sexan aprobadas a finais do ano mesmo ano.

A partir de aí abrirase un período transitorio, dunha duración estimada inicialmente de dous anos pero que en todo caso fixará o propio Plan, para que as empresas se adapten definitivamente á normativa.

Compartir: