ALCALDÍA

Visita institucional ao Concello da nova cónsul xeral de Venezuela

23/11/2009 A recentemente nomeada como cónsul xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo, Mónica Chacín Fuenmayor, realizou a súa primeira visita institucional ao Concello, onde a recibiu o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

A representante diplomática venezolana expresoulle ao alcalde o seu desexo de estreitar os lazos institucionais co Concello de Santiago e de máxima colaboración dende o seu novo cargo.

Compartir: