ORZAMENTOS

A Comisión extraordinaria de Facenda aprobará un recoñecemento extraxudicial de crédito

20/11/2009 A Comisión extraordinaria de Facenda que se celebrara o luns 23 tratará o expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 1.476.236,45 €. O importe das facturas que van a ser aprobadas correspóndense tanto con gasto corrente como de investimento que abranguen dende subministros para centros socioculturais, material de oficina e informático, estudos e traballos técnicos, subministros de material para parques e xardíns, recollida de lixo, mobiliario etc.

A existencia destas facturas rexistradas xa foi obxecto de análise no pleno do mes de abril cando se aprobou a liquidación do orzamento do ano 2008, e así constaban nos informes da intervención que se acompañaron á dita liquidación.

Este é o segundo acordo relativo ao recoñecemento de crédito, despois de que o pasado mes de outubro se ditaminase favorablemente o primeiro recoñecemento extraxudicial preciso para reducir o importe das facturas recibidas e pendentes dos últimos anos, que non foron recoñecidas no seu día por mor de atoparse en distintas fases na súa tramitación e existir discrepancias, algunhas delas sobre o seu importe.

Unha vez aprobado este segundo recoñecemento extraxudicial, da totalidade dos 3,73 millóns, e unha vez aclarada a súa procedencia quedarían facturas pendentes de conformar por importe de 593.948,63€ das que cerca de 100.000 foron obxecto de recurso por parte do concello.

Compartir: