ALCALDÍA

O Concello de Santiago, cos obxectivos da Campaña do Milenio

20/11/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á coordinadora da Campaña do Milenio de Nacións Unidas en España, Marina Navarro. Segundo esta, o alcalde amosouse "moi receptivo" a contribuír, na medida das súas posibilidades, á consecución dunha sociedade mundial máis xusta e equitativa.

Navarro sostén que os concellos son unha parte importante á hora de "dar a coñecer, comprometerse e obrigar aos gobernos centrais a cumprir os obxectivos de desenvolvemento do milenio", xa que estes últimos "son os que teñen a competencia".

En setembro de 2000, durante a celebración do Cumio do Milenio, os países pertencentes a Nacións Unidas adoptaron o seu compromiso para facer un mundo máis pacífico, próspero e xusto. Este avance foi posible grazas á aprobación da Declaración do Milenio, un documento no que se reafirmou o carácter universal e intemporal dos principios constitutivos das Nacións Unidas e que se espera poidan acadarse para o ano 2015.

Direccións relacionadas



Compartir: