ESCOLA DE CONXO

Ábrese o prazo de matrícula para a Escola de Min

14/03/2005 A Escola Infantil Municipal de Conxo abre o prazo para a solicitude de novo ingreso, á vez que oferta novos servizos e obradoiros.

A partir do 14 de marzo, a Escola Infantil Municipal de Conxo coñecida como
A Escola de MIN, abre o prazo de matrícula para o curso 2005-2006. A solicitude de novo ingreso estará aberta ata o próximo 29 de marzo. O lugar de presentación das solicitudes é o Rexistro Xeral do Concello, sito na rúa do presidente Salvador Allende 4, en Galeras.

Así mesmo, aquelas persoas que solicitasen praza para o curso 2004-2005 e figuren en situación de espera deberán facer de novo a solicitude de admisión.

Por outra banda, a Escola Infantil Municipal de Conxo oferta para o vindeiro curso novos servizos e obradoiros.

Compartir: