ALCALDÍA

Presentado ao Foro polo Civismo o estudo sobre a vida recreativa en Santiago

17/11/2009 Nunha reunión celebrada na Casa das Asociacións, presentouse no Foro polo Civismo o estudo A vida recreativa en Santiago de Compostela: análise do estado da situación e propostas para previr os factores e as condutas de risco asociadas á mesma, encargado polo Concello e realizado pola Universidade de Santiago.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta nova reunión do Foro polo Civismo. Na mesma, o autor do estudo, o profesor Elisardo Becoña Iglesias, da Facultade de Psicoloxía, explicou polo miúdo as súas principais conclusións, presentadas xa publicamente en rolda de prensa o 20 de outubro.

Compartir: