ALCALDÍA

Santiago acollerá un encontro internacional da xuventude do 5 ao 8 de agosto de 2010

17/11/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao delegado de Infancia e Xuventude do Arcebispado de Santiago, Francisco Javier Porro Martínez. Este explicoulle os detalles da Peregrinación e Europea de Xóvenes que se realizará do 5 ao 8 de agosto de 2010.

O obxectivo desta peregrinación e encontro é reunira a miles de mozos e mozas nos ata seis congresos simultáneos que se realizarán. Nos mesmos abordaranse cuestións relacionadas coa historia e tradición xacobea, cos medios de comunicación e as novas tecnoloxías, coa música, coa globalización ou coa economía, entre outros. Ademais, realizaranse diversos actos relixiosos. Na reunión tamén participou o concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña.

Compartir: