EMPREGO
Os cursos terán unha duración de 20 horas e celebraranse de 21 de novembro a 2 de decembro de 20.00 a 22.00 horas. O prazo de inscripción nos cursos remata o 16 de novembro.
Estes cursos están encadrados nas Accións Formativas para Traballadores Ocupados, cofinanciadas pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo da Unión Europea.
A Concellaría de Emprego abre o prazo de inscripción para seis cursos
10/11/2005 A Concellaría de Promoción Económica, Comercio, Mercados e Emprego oferta 90 prazas en seis cursos gratuitos dirixidos a persoas empregadas que queiran mellorar a súa capacitación laboral. Os cursos están centrados no ámbito da atención a persoas maiores, un ámbito no que existe unha demanda de traballadares na cidade, segundo un estudo recente do Observatorio Local de Economía e Emprego da Oficina de Promoción Económica.
A temática dos cursos ofertados polo departamento que dirixe o concelleiro Xosé Manuel Iglesias son: Danzaterapia con maiores, Traballo de estimulación da memoria en persoas maiores, Nutrición xeriátrica, Psicomotricidade coa persoa maior e Terapia ocupacional en xeriatría. Ademáis, ofertase un curso de Microsoft Project, para mellorara a capacitación informática.Os cursos terán unha duración de 20 horas e celebraranse de 21 de novembro a 2 de decembro de 20.00 a 22.00 horas. O prazo de inscripción nos cursos remata o 16 de novembro.
Estes cursos están encadrados nas Accións Formativas para Traballadores Ocupados, cofinanciadas pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo da Unión Europea.