ALCALDÍA

A primeira película europea de animación en stop-motion para 3D ródase en Santiago

13/11/2009 O filme de produción galega O Apóstolo, primeira película europea de animación en stop-motion que se estreará en estereoscópico, será presentada ao público mundial en Santiago o 17 de xullo do ano 2010. Días despois estrearase nas salas de cine de todo o mundo.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo visitou o estudo onde se está a realizar O Apóstolo, un filme producido pola empresa galega Artefacto. O Concello colabora activamente na difusión deste filme, cuxa banda sonora, composta por Phillip Glass, será executada pola Real Filharmonía de Galicia.

O Apóstolo é a primeira película de animación stop-motion (feita fotograma a fotograma) rodada en Europa que se estreará en proxección estereoscópica, para ser vista en tres dimensións. O tema da produción non é outro que o Camiño de Santiago.

A produción conta coa presenza de importantes figuras da interpretación como Luís Tosar, Carlos Blanco, Celso Bugallo ou Jorge Sanz, que poñen a súa voz aos personaxes. Os decorados, fabricados en cartón pedra e con armazón de madeira, son reproducións á escala de escenarios reais da cidade, entre eles a catedral.

Compartir: