XUVENTUDE

Entregados os premios premios da segunda edición de "MúsicaXove"

12/11/2009 A Concellaría de Xuventude entregou na Sala Capitol os premios aos gañadores do segunda edición do Certame MúsicaXove, nas modalidades de metal, hip-hop, canción de autor e pop-rock. O acto contou coa presenza do director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro.

Abriu a noite a actuación do grupo gañador na modalidade de canción de autor do certame deste ano, Liridade Noctámbula. Despois do parón para a entrega de premios actuou o grupo galego Lamatumbá, que presentou o seu último traballo discográfico, Paraugas Universal.

Premios:

- Catro primeiros premios, un por modalidade, de 2.000 euros cada un: metal, The Codename; hip hop, Tramaturgia; pop-rock, Dirty Socks; e autor-folk, Liridade Noctámbula, ademais da gravación dun CD recopilatorio e a promoción da súa música con diversas actuacións musicais.

- Catro segundos premios, un por modalidade, de 1.000 euros cada un: metal, The Weak Force; hip hop, Mito Escrito; pop-rock, Frab Fly; e Roberto Sobrado, autor-folk.

- E catro terceiros premios, tamén para cada modalidade, de 500 euros cada un: na modalidade de metal, Soño Eterno; en hip hop, Bronquitis Crónica; Agoraphobia, de pop-rock; e Perpetradores de Actos en autor-folk.

Compartir: