DEPORTES

O parque Eugenio Granell acolle o II Trofeo de campo a través "Cidade de Santiago"

12/11/2009 O sábado 14 de novembro, o parque Eugenio Granell, no Restollal, será o escenario da primeira das xornadas do II Trofeo de Atletismo de campo a través Cidade de Santiago. A segunda xornada celebrarase o 12 de decembro.

O concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, presentou este Trofeo, acompañado por Iván Sanmartín, presidente da Delegación Local de Federación Galega de Atletismo, e Jesús Silva, director técnico da Delegación Local de Atletismo. Todos eles destacaron o atractivo desta proba, que quere animar aos máis novos a practicar esta disciplina.

A competición contará coas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Haberá premios para os gañadores individuais e por equipos e todos os participantes recibirán medallas. As carreiras comezarán ás 10:45 horas, con distancias que van dende os 300 metros para os prebenxamíns aos 3.500 metros da proba cadete masculina.

As inscricións poderán formalizarse no correo electrónico inscricionsfgasantiago@gamail.com ou no Fax 981 191 559 ata o xoves 12 de novembro, para a primeira xornada, e ata o xoves 10 de decembro para a segunda. Para calquera información adicional sobre este Trofeo, os interesados poden dirixirse aos teléfonos 981 528730 (Departamento de Deportes do Concello) ou 981 192331, 619 847 195 e 678 018 296 (Delegación de Atletismo de Santiago).

VIII Trofeo de Ciclocrós
O concelleiro de Deportes tamén presentou o VIII Trofeo de Ciclocrós Cidade de Santiago, xunto co presidente do Club Ciclista Compostelán, Nemesio López. Terá lugar o domingo 15 de novembro, a partir das 10:30 horas, no parque da Granxa do Xesto.

Nesta proba participarán uns 200 corredores nas categorías cadete, júnior, elite-sub 23, féminas, máster 30, máster 40, máster 50 e sénior.

Documentos relacionados



Compartir: