ALCALDÍA

Destacados investigadores participan en Santiago nun encontro sobre o franquismo

11/11/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi aos participantes no VII Encontro de Investigadores sobre o franquismo, organizado polo Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago e a Fundación 10 de Marzo. O evento celebrase do 11 ao 13 de marzo e é a primeira vez que se celebra en Santiago, tras o seu paso por diversas cidades españolas.

Este encontro, que se celebra cada dous ou tres anos e que xa cumpre case 20 anos, pretende ser unha posta ao día do coñecemento sobre a ditadura. Este foro de discusión desenvólvese nesta edición en torno a seis mesas: Mundo do traballo; Migracións e exilios; Identidades e conflitos territoriais; Dinámicas políticas durante o franquismo; Sociedade y movementos sociais; e Cultura e opinión.

Compartir: