ALCALDÍA

Santiago de Compostela reúne un ano máis a elite do squash mundial

11/11/2009 A pista do Centro Comercial Área Central reunirá ata o 14 de novembro a algúns dos mellores xogadores do mundo de squash no Trofeo Concello de Santiago. A competición, incluída no circuíto mundial deste deporte, é a máis importante que se celebra en España.

Os participantes no Trofeo fixeron un alto na competición para acudir ata Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, que lles desexou unha feliz estanza na cidade e éxito na proba. En Santiago están competindo deportistas de 25 países e dos cinco continentes.

Compartir: