ALCALDÍA

O alcalde recibiu ao embaixador de Suíza

11/11/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o embaixador de Suíza en España, Jean-Philippe Tissières. Na visita estivo acompañado polo ministro conselleiro da Embaixada, Kurt Kunz.

O embaixador helvético está de visita en Galicia e tamén ten previsto ofrecer unha recepción aos seus compatriotas residentes na Comunidade Autónoma.

Compartir: