PROMOCIÓN ECONÓMICA

A concellería de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Mercados presenta web

09/11/2005 MáisCompostela nace como un instrumento ao servizo dos obxectivos da Concellaría, isto é, colaborar no desenvolvemento económico, empresarial e laboral de Compostela.

A nova páxina web da Concellería de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Mercados ten o obxectivo de facer unha administración local máis cercana e accesíbel calquera hora do día e calquera día do ano, dando un servizo público máis útil e eficaz aos cidadáns, ás empresas e ás organizacións.

Neste espazo haberá información, servizos e recursos da Concellaría que poidan ser útiles para cidadáns, empresas e organizacións.

O mércores 9 de novembro ás 19:30 na Sala Mozart do Auditorio de Galicia terá lugar a presentación pública desta web.

Compartir: