ALCALDÍA

A delegada de Filmax en Galicia explicoulle ao alcalde os detalles da rodaxe de "The way"

30/10/2009 A delegada de Filmax en Galicia, Inmaculada Castaño, reuniuse co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, para explicarlle os detalles da rodaxe e da futura estrea do filme The way (O camiño).

O filme está en pleno proceso de rodaxe e nuns días o equipo chegará a Santiago, para rodar en varios espazos da cidade, como a Catedral. Medios galegos, españois e internacionais están acreditados para asistir a unha hora desta rodaxe en Compostela. Tamén se están a perfilar os detalles da estrea mundial do filme, que pretende realizarse en Santiago.

The way está protagonizada por Martín Sheen e polo seu fillo Emilio Estevez, quen ademais dirixe a película. Completan o reparto Deborah Kara Unger, James Nesbitt e os españois Simón Andreu, Ángela Molina, Eusebio Lázaro e Carlos Leal.

Compartir: