ALCALDÍA

Bugallo e Varela colocan a primeira pedra do centro de novas tecnoloxías

09/11/2005 O alcalde compostelán e o conselleiro de Traballo inauguraron as obras deste novo centro compostelán, que dependerá especificamente da Consellería de Traballo e terá como obxectivo formar ás persoas desempregadas e en activo. Ademais, ofrecerá formación a distancia a través da rede de centros de formación ocupacional da Consellería.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou o mércores 9 de novembro, xunto ao conselleiro de Traballo, Ricardo Jacinto Varela Sánchez, no acto de colocación da primeira pedra do Centro de Formación de Novas Tecnoloxías de Santiago, na rúa Ramón Baltar, en Conxo.

Iníciase así a construcción deste centro, que contará con varias aulas, laboratorio de idiomas, sala de conferencias e biblioteca, entre outras instalacións. A parcela onde estará ubicado ten cunha superficie de 3.657,4 metros cadrados, conta cun orzamento de 4,5 millóns de euros. Está previsto que as obras rematen no primeiro cuadrimestre do 2007.

Compartir: