ALCALDÍA

O alcalde expresa as súas condolencias pola morte da Condesa de Fenosa, compostelá de nacemento

27/10/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou o pésame do Concello de Santiago á familia da Condesa de Fenosa, Carmela Arias y Díaz de Rábago, tras coñecer a noticia do falecemento "dunha das mulleres trascendentais na historia recente de Galicia que naceu precisamente en Santiago".

O rexedor da capital de Galicia considerou que Arias y Díaz de Rábago foi unha das "figuras máis destacadas do país", que "se dedicou a traballar pola súa terra" e que "deixou un legado inmenso que se traducirá en avances e logros para o país que serán acadados por xeracións de mozos aos que ela apoiou dende a Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Por último, Sánchez Bugallo dixo sentirse "orgulloso, como galego e especialmente como compostelán, do labor desta insigne santiaguesa que hoxe nos abandona pero que deixa tras de si unha mostra clara do que é facer país".

Compartir: