TRANSPORTES

Aprobadas as novas tarifas do transporte urbano para o 2006

08/11/2005 O Consello de Administración de Tussa acordou o pasado 27 de outubro a modificación das tarifas do transporte urbano para o vindeiro ano. Así mesmo, a Xunta de Goberno Local aprobou o martes 8 a modificación destas tarifas.

O billete ordinario sube 0,05 céntimos, pasando a custar 85 céntimos. O prezo do billete escolar será de 50 céntimos. Un billete co bono ordinario custará 55 céntimos, e co bono escolar, 40.

Ademais, para o 2006 consolídase o bono transbordo gratuíto, dentro dos bonos da rede, agás o mensual, que xa é ilimitado, e o pensionista, que é gratuíto.

As tarifas universitarias aplícanse por curso académico, e forman parte dun convenio coa USC, polo que non se tratan como tarifas independentes.

Compartir: