TRANSPORTE

TUSSA realizará enquisas de mobilidade no transporte público para avaliar o funcionamento do servizo

27/10/2009 O Consello de Administración de TUSSA aprobou na súa reunión desta mañá a realización dunha serie de enquisas de mobilidade no transporte público. Tamén se acordou a instalación dun túnel de lavado na estación de autobuses.

TUSSA deu o visto bo ao prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas para a contratación dun servizo de enquisas de mobilidade no transporte público. Os datos deste traballo outorgarán á empresa municipal a información necesaria para actuar sobre o servizo.

O outro acordo do Consello de Administración foi a instalación dun tren de lavado para autobuses na estación. O complexo segue así aumentando os seus servizos, na liña de modernización que a estación vén desenvolvendo nos últimos anos.

Compartir: