ALCALDÍA

O Concello segue a explorar novas vías de introdución das novas tecnoloxías na modernización da súa xestión

27/10/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi recibiu ao presidente da Fundación Europea para a Sociedade da Información e a Administración, Enrique Barón.

Na xuntanza, Sánchez Bugallo e Barón falaron de diversos aspectos relacionados coa introdución das novas tecnoloxías nas Administracións Públicas, materia na que en Raxoi se vén traballando nos últimos anos. O Concello quere colaborar con esta Fundación, que promove o financiamento e o uso das novas tecnoloxías para a modernización das Administracións, participando na creación de ferramentas de xestión e servizos.

Na reunión tamén participou a concelleira de Reforma Administrativa, Rosa Fernández.

Compartir: