RELACIÓNS VECIÑAIS

As asociacións veciñais elixen os seus representantes para o Consello de Relacións Veciñais

08/11/2005 A votación comezará o martes 8 de novembro ás 18.00 horas, logo da constitución media hora antes da mesa electoral. O proceso pecharase ás 22:00 h para proceder ao reconto e proclamación provisional dos resultados.

O martes 8 de novembro, as asociacións veciñais de Compostela elixirán aos seus representantes no Consello Municipal de Relacións Veciñais. A votación comezará ás 18.00 horas logo da constitución media hora antes da mesa electoral. O proceso pecharase ás 22:00 h para proceder ao reconto e proclamación provisional dos resultados.

A partir do martes 8 ábrese un periodo de reclamacións de cinco días. As asociacións de veciños que deben formar parte da mesa son: 1º Vocal.- AVV Viso (Substituto: AVV Río Sarela de San Lourenzo) e 2º Vocal.- AVV San Xoán de Fecha (Substituto: AVV Mestra Victoria Míguez de Vidán). O lugar é no pavillón de madeira da rúa da Trindade.

Con esta elección o Consello de Relacións Veciñais renovará aos seis representantes veciñais aínda que xa existe confirmación de que hai representantes que renovarán como é o caso dos representantes do rural. Marcial Prado, de Cesar, e Xosé María Juncal son os únicos candidatos a representar a este grupo de asociacións.

Para as asociacións do ámbito urbano as asociación deberán elixir catro representantes entre os seguintes candidatos: Fernando Peleteiro (AVV de San Lourenzo), Xosé Martínez Otero (AVV da Almáciga), Agustín Pena (AVV do Ensanche), María Teresa Barral (AVV de Pelamios) e Juan José Álvarez Carril (AVV de Sar). Para o concelleiro de Participación Cidadá, o nacionalista Manuel Portas, este proceso é importante e destaca que a participación das entidades na elección dos seus representantes xa é un proceso totalmente normalizado.

O luns 15 de novembro resolveranse as posíbeis reclamación e procederase a proclamación definitiva dos representantes electos. Nove días despois, o 24 de novembro, o Pleno da Corporación nomeará aos representantes veciñais no Consello de Relacións Veciñais.

Compartir: