DEPORTES

Máis de 7.000 participantes nunha XXXII Carreira Pedestre gañada polos kenyanos Peter Kirui e Gladys Cherono

25/10/2009 O atleta kenyano Peter Kirui foi o gañador da XXXII Carreira Pedestre Popular, celebrada un ano máis nas rúas compostelás. O corredor africano bateu o récord da proba en 25 segundos, marcando un tempo de 34 minutos e 22 segundos. Na categoría feminina a primeira en chegar á meta foi outra kenyana, Gladys Cherono.

Nesta edición foron 7.274 atletas os que participaron na proba, nunha xornada marcada polo bo tempo e dominada, no aspecto competitivo, polos corredores africanos. Numeroso público acompañou tamén aos atletas presenciando a proba ao longo do percorrido.

Como en cada edición e tras a entrega de premios, o Concello ofreceu unha recepción á organización da Carreira. Na mesma pronunciaron unhas palabras o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente do Consello de Administración do Grupo Correo Gallego, Antonio Castro.

Compartir: