MERCADOS

Mercagalicia presenta para o ano 2010 un beneficio de arredor de 52.000 euros

23/10/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración de Mercagalicia no que se aprobou o orzamento da entidade para 2010.

O devandito orzamento para 2010 arroxa as seguintes cifras: no relativo aos ingresos, 593.002,50 euros e en canto aos gastos, 401.573,80. As amortizacións sitúanse nos 140.000 euros.

Como resultado, os beneficios que a entidade espera ingresar en 2010 son de 51.428,71 euros.

Nesta sesión do Consello de Administración de Mercalicia tomou posesión o concelleiro de Mercados, Andrés Fariña, en substitución de Carlos Nieves.

Compartir: