FACENDA

A Oficina de Información sobre o valor catastral do Ministerio de Facenda comezará a funcionar en Cornes o 2 de novembro

20/10/2009 O Concello de Santiago de Compostela cedeu á Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Economia e Facenda un espazo na Casa das Asociacións de Cornes para que éste último poida instalar a oficina que proporcionará información e atenderá as reclamacións dos veciños no relativo nova valoración catastral dos bens inmobles.

Esta oficina estará en funcionamento dende o día 2 de novembro ata o 11 de decembro en horario de 9.00 a 14.00 de luns a venres e de 16.00 a 18.00 os martes e os xoves. Os interesados teñen un mes de prazo dende a recepción da notificación do correspondente valor catastral para interpor as reclamacións que consideren oportunas, segundo se indica nos documentos remitidos polo Ministerio.

Compartir: